Feísmo

09 diciembre 2006

Non creo no feo nin o bonito desde unha percepción non subxetiva. Establecer normativas sobre o subxetivo..(requeriría canto menos un completísimo análise conceptual) Se cadra, falamos de estética, do moi antigo debate adoptado Francia na época do socialismo romántico, da beleza, a fealdad, a complementariedad...

Theodor Adorno, consideraba que la naturaleza de lo feo es "superior" a la de lo bello.Esto, por su autenticidad, por su absoluta identidad con la realidad, por su valor al poner al desnudo las inmundas y repugnantes verdades ocultas tras el velo falsificador, distorsionador y ladino de la belleza convencional. Lo feo, entonces, transgrede la defensa de la estética tradicional, subordinando la belleza hasta excederla, más allá de suplantarla.
La "belleza" en la Literatura, en el Arte en general tiene poco que ver en muchas ocasiones con el sentimiento de agrado o con la placidez de lo decorativo.Alain, un pensador contemporáneo que escribió mucho sobre el proceso artístico señala que "lo bello no gusta ni disgusta sino que nos detiene"
*Remo Bodei en "La sombra de lo bello"

Respecto ao "feismo" na arquitectura galega , pregúntome porqué centralo no rural, cando nas cidades sóbran exemplos iguais ou peores que estes.
-Por exemplo, a "Plaza Elíptica"-


No último que acabo de ler é que ademais xa se fala de cousas como:

- o feísmo no campo das belas artes, referido concretamente ao concepto difundido de que todo o mundo pode ser artista sen que se definan criterios de calidade para a súa produción.
- o feismo aplicado á lingua, que se manifesta nunha expresión pouco coidada.

........................................................................................................................................

¿Existe un canon estético? ¿Quen e como o define? ¿ Pode ser isto unha cortina de fume para poder borrar o "feo" ( ou sexa, o que eles chamen feo) do mapa?

Non serei eu o que bendiga moitas das imaxes que circulan por internet como mostra aclaratoria do que é este "feísmo", pero si me gustaría discrepar do concepto en sí e da finalidade do seu uso.

Recordar que hai moitos factores que teriamos que ter en en conta antes de dicir o fea que é unha casa, e que por exemplo, se non se fixese pagar impostos soio cando as casas estivesen rematadas, non se fomentaría o eterno estado en construción.