Fábrica Santa Clara (Álvarez) en Ramón Nieto. 1941

28 noviembre 2006


Francisco Castro Represas, e Pedro Alonso Pérez son os artífices. Tal e como anuncia unha fortísima cheminea, coma se dun selo tratásese, data do 1941.


A demanda de producción da fabrica de porcelá precisa de espazos de almacenaxe.O volume resultante é un prisma de 20x60 metros de catro alturas.O reloxio co logo do promotor é a única cesión a elementos decorativos, ademais, o arquitecto define:" a cuberta a fará a terraza cunha capa de terra vexetal", solución que ten moito que ver coas contemporaneas correntes europeas.
O estado en que se atopa é ruinoso, e a compra dos terreos anúncianos unha posible desaparición.

Os vanos do anterior post pertencen a este edificio para almacén Fábrica Santa Clara.Esta nova imaxe é do libro:arquitectura racionalista en vigo , que conta cun traballo fotográfico alucinante.